Lapío, San Miguel de
Lapío, San Miguel de
Igrexa parroquial situada no Corgo. Está documentada no testamento do bispo Odoario (747). Ten planta de nave única e ábsida, as dúas con cuberta abovedada. Da antiga construción románica, só se conserva o arco triunfal, peraltado, semicircular e en aresta, cunha arquivolta tórica, e algún fragmento dos muros. Engadiuselle unha capela, á que se accede por un arco, e unha sancristía no lado N.