2 lapón -na
(< topónimo Laponia)
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Laponia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Laponia.
-
adx
-
[ETN]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo lapón ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo lapón.
-
s
m pl
Pobo de orixe discutida, que habita no N de Suecia, Noruega e Finlandia e na península de Kola, en Rusia, por riba do Círculo Polar Ártico. Constitúe un problema antropolóxico a causa das súas características físicas. Algúns antropólogos consideran que pertencen a unha rama illada da etnia alpina, outros considérana unha etnia con trazos pre-europeos, chamada etnia lapónida. Son sedentarios e dedícanse á pesca, á caza e á agricultura, pero algúns grupos son aínda nómades e practican a gandería de renos. A súa sociedade é patriarcal.
-
adx
-
s
m
[LING]
Lingua finoúgria do phylum urálico que se fala en Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia. Son trazos característicos do lapón o número dual, a flexión interna para expresar determinadas oposicións morfolóxicas e a distinción entre forma atributiva e forma predicativa do adxectivo. Os dialectos lapóns, profundamente diversificados, padecen a influencia léxica e sintáctica das respectivas linguas oficiais. Os primeiros textos escritos en lapón son publicacións relixiosas e abecedarios do s XVII. As primeiras gramáticas do lapón foron as de P. Fiellström Grammatica Lapponica (1738), H. Ganander Grammatica Lapponica (1743) e K. Leem En Lappisk Grammatica (1748), e o primeiro dicionario, o de Stockflern, en Cristianía en 1850. O cultivo literario consolidouse a partir da década de 1930, coas publicacións da Sociedade Lapona de Cultura e a fundación, en 1979, da Asociación de Escritores Lapóns. Destaca a obra do poeta Paulus Utsi (1918-1975). OBS: Tamén se denomina saami.