Lar

Lar

Publicación mensual de tendencia franquista editada en La Habana a partir de xullo de 1940. Cesou a súa edición en febreiro de 1941. Voceira do partido Unión y Defensa, que pertencía ao Centro Galego da capital cubana, estaba dirixida por Eladio Vázquez Ferro. Incluíu, ademais de información política, composicións poéticas.