Larache

Larache

Cidade da provincia de Tetuán, Marrocos, situada na desembocadura de Loûkkos (45.710 h [1971]). É un porto do Atlántico, situado preto de Lixus, antiga colonia fenicia e despois romana. Nos ss XV e XVI converteuse nun importante centro de piratería. Cedida en 1610 a Filipe III, a cidade quedou ocupada ata 1689. Asignada a España polo acordo hispano-francés de 1904, estivo baixo protectorado español desde 1912 ata 1956.