Laranxas, Guerra das
Laranxas, Guerra das
Enfrontamento entre España e Portugal que tivo lugar entre xaneiro e xullo de 1801. Promoveuna Francia para obrigar aos portugueses a renunciar á alianza co Reino Unido. As tropas españolas dirixidas por Godoy acadaron a rendición de Portugal con escasa resistencia e incorporaron a España a cidade de Olivenza.