laranxa

laranxa

(< ár naranjâ < persa narang ‘laranxa’)

Nome científico: [3,6-tetrametildiaminoacridina]
  1. s f [BOT/ALIM]

    Froito comestible da laranxeira, de forma redondeada ou ovada, de tamaño variable e dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce, aínda que varía segundo as distintas variedades. É dunha gran riqueza alimentaria, ten un elevado contido vitamínico, especialmente de vitamina C, e de diversas sales minerais, tamén contén aminoácidos e pectinas. Existen numerosas variedades que se poden dividir en tres grupos: navel, brancas e sanguina. A laranxa navel presenta un froito secundario interno na parte apical, non ten pebidas e son moi zumentas; a laranxa branca é a máis común, ten pebidas, é doce e saborosa pero sen case zume, e a laranxa sanguina ten a polpa de cor vermella. Ademais de ser consumidas directamente como froita, as laranxas empréganse para preparar confeitos e marmeladas e tamén para obter zume. Da pel extráese o aceite esencial de laranxa.

  2. adx e s m [FÍS]
    1. s m

      Materia colorante laranxa.

    2. laranxa básico

      Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

    3. laranxa de acridina [3,6 -tetrametildiaminoacridina]

      Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para o estampado de fibras como o algodón, seda e la. Tamén se emprega para facer lacas ou tinguir pel.

    4. laranxa de metilo

      heliantina.

  3. Fungo ascomiceto que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, co marxe lobulado e co himenio no interior da copa.

Refráns

  • O que come a laranxa que probe a denteira.

Palabras veciñas

larafuzas | laramiano -na | Laraño | laranxa | laranxada | laranxal | Laranxas, Guerra das