laranxa
(< ár naranjâ < persa narang ‘laranxa’)
-
s
f
[BOT/ALIM]
Froito comestible da laranxeira, de forma redondeada ou ovada, de tamaño variable e dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce, aínda que varía segundo as distintas variedades. É dunha gran riqueza alimentaria, ten un elevado contido vitamínico, especialmente de vitamina C, e de diversas sales minerais, tamén contén aminoácidos e pectinas. Existen numerosas variedades que se poden dividir en tres grupos: navel, brancas e sanguina. A laranxa navel presenta un froito secundario interno na parte apical, non ten pebidas e son moi zumentas; a laranxa branca é a máis común, ten pebidas, é doce e saborosa pero sen case zume, e a laranxa sanguina ten a polpa de cor vermella. Ademais de ser consumidas directamente como froita, as laranxas empréganse para preparar confeitos e marmeladas e tamén para obter zume. Da pel extráese o aceite esencial de laranxa.
- adx e s m [FÍS]
-
-
s
m
Materia colorante laranxa.
-
laranxa básico
Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.
-
laranxa de acridina [3,6 -tetrametildiaminoacridina]
Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para o estampado de fibras como o algodón, seda e la. Tamén se emprega para facer lacas ou tinguir pel.
-
laranxa de metilo
heliantina.
-
s
m
-
Fungo ascomiceto que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, co marxe lobulado e co himenio no interior da copa.
Refráns
- O que come a laranxa que probe a denteira.