larinxe
larinxe
(
s
f
[ANAT]
Estrutura músculo-cartilaxinosa, baleira, simétrica e regular, situada na parte anterior do pescozo, sobre a traquea e baixo a lingua e o hioide, en comunicación coa farinxe. Ten función respiratoria, de deglutición, expectorante, tusíxena, protectora, fixadora e fonatoria por medio das cordas vocais. O interior da larinxe consta de tres partes: a superior, supraglótica ou vestíbulo, limitada pola epliglote, que a pecha e a separa da farinxe no acto da deglución; a mediana formada pola glote, que é o espazo limitado polas cordas vocais; e a inferior ou infraglótica, que continúa coa traquea. OBS: Tamén se denomina cano da gorxa.