larinxite
larinxite
(
s
f
[MED]
Inflamación da larinxe. A larinxite aguda é xeralmente de etioloxía vírica e vai acompañada de afonía ou rouquén, formigo e tose seca. A larinxite crónica adoita ser evolución dunha larinxite aguda mal resolta. Na súa aparición interveñen diversos factores, como o tabaco, alcohol, abuso da voz ou vexetacións. A larinxite estridulosa é unha afección especial dos nenos, que se caracteriza por accesos de dispnea, tose rouca e respiración sibilante, e que sobrevén de noite.