Larkin, Philip

Larkin, Philip

Poeta e novelista inglés. Educado en Oxford, publicou o seu primeiro libro de poemas, The North Ship (1945), cunha austeridade semellante á de Yeats. A lectura fonda de Thomas Hardy deulle, outro ton a The Less Deceived (1955). Está considerado o poeta máis importante da xeración coñecida como The Movement (1965). O seu derradeiro libro poético, High Windows (1974), persiste no ton dos anteriores. Tamén é autor de novelas, Jill (1946) e A girl in Winter (1947), así como da antoloxía Oxford Book of Twentieth Century English Verse (1973).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Coventry, Warwick

  • Deceso

    Lugar : Yorkshire