Lartigue, Jacques-Henri

Lartigue, Jacques-Henri

Fotógrafo francés. A súa obra constitúe unha amplísima visión da sociedade acomodada francesa durante a primeira metade do s XX. Despois de realizar diversas curtametraxes (1913-1914), traballou cos directores François Truffaut, Robert Bresson e Federico Fellini. En 1915 estudiou pintura na Academia Julian con J. P. Laurens, e expuxo as súas pinturas en Nova York e París e foi o fotógrafo oficial do presidente francés Valéry Giscard d’Estaing. Os seus arquivos consérvanse no Grand Palais de París. Publicou Diary of a Century (1970) e Das Fest des grossen Rüpüskül (1973).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Courbevoie

  • Deceso

    Lugar : Niza