Las Casas, Bartolomé de

Las Casas, Bartolomé de

Eclesiástico. Despois de residir como encomendeiro e como misioneiro nas illas de Santo Domingo e de Cuba, en 1514 abandonou o usufruto dos indios e, en 1515, constituíuse no seu defensor. Ingresou na orde dominicana en 1522, e entre 1535 e 1540 promoveu proxectos de colonización pacífica. Entre 1540 e 1544 residiu na Península Ibérica, onde impulsou as Leyes Nuevas de 1542, que tentaban suprimir a encomenda, pero fracasaron despois da sublevación de colonos en Perú. Foi nomeado bispo de Chiapas e combateu o incumprimento das Leyes Nuevas. En 1546 pasou a México, onde difundiu Avisos y reglas para los confesores, que produciu un grande escándalo. Entre 1547 e 1551, regresou á Corte e continuou a loita pola reforma do goberno das Indias e promoveu as discusións con Juan Ginés de Sepúlveda. Impulsou o respecto polas culturas autóctonas e negoulle ao emperador o dereito de destruílas. Escribiu Historia de las Indias (publicada en 1875) e Brevísima historia de la destrución de las Indias (impresa en 1552), que foi traducida a todas as linguas europeas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla

  • Deceso

    Lugar : Madrid