Látigo, El

Látigo, El

Semanario satírico editado en Vigo a partir do 25 de xuño de 1883. Cesou a súa edición a principios de novembro de 1883. Dirixido por Federico Rodríguez Arosa, na súa redacción participou Ramón G. Vicetto. Entre outros temas, tratou o proxecto do porto comercial para Vigo.