Laughlin, Clarence John
Laughlin, Clarence John
Fotógrafo estadounidense. Influído por Stieglitz, Strand, Weston, Man Ray e Atget, comezou fotografando a arquitectura civil ao servizo do Corpo de Enxeñeiros de New Orleans (1935-1941). Traballou para as revistas Vogue, Life ou Look e, a partir de 1946, en diversas publicacións especializadas en arquitectura contemporánea. Apostou polo surrealismo as abstraccións e as fotografías con múltiples exposicións. Publicou Ghost Along the Mississippi (1948).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lake Charles, Lousiana -
Deceso