Lautréamont, conde de

Lautréamont, conde de

Poeta. De nome Isidore Ducasse, recibiu influencias de Sade, Poe e doutros autores da mesma tendencia. A súa obra, agresiva e dunha gran carga onírica, tivo unha grande influencia nas vangardas do s XX, especialmente no surrealismo e no dadaísmo. Escribiu Les chants de Maldoror (1869), poema en prosa de seis cantos, e preparou un segundo libro, Poesías (1870).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Montevideo

  • Deceso

    Lugar : París