lavandeira
-
s
f
Muller que lava a roupa.
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
f
Ave terrestre, esvelta, co debuxo moi marcado, cola longa, peteiro fino e patas delgadas, que se caracteriza por correr e camiñar con viveza e sacudir a cola. Aniña no chan, en gretas ou entre rochas.
Sinónimos: costureira, pastoriña. -
lavandeira amarela/verdeal [port: alvéola-amarela; cast: lavandera boyera; ingl: yellow wagtail] [Motacilla flava, Fam dos motacílidos]
Paxaro de ata 16 cm, esvelto, cola e longas patas. A plumaxe varía segundo o sexo. O macho ten o dorso verde por riba, con dúas franxas de cor amarela abrancazada nas cobertoiras das ás case negras, e as partes inferiores de cor amarela. No inverno tanto os machos como as femias son menos rechamantes. O voo é rebotante, camiña e corre. Crían dúas veces ao ano, con postas de 4 ou 5 ovos. Sitúan o niño no chan, en depresións por debaixo de pastos ou cultivos. Aliméntanse de insectos e moluscos, destacando os odonatos en canto a cantidade. Habita cerca da auga, sobre prados e campos húmidos e tamén en campos de cereais. Chega a Galicia na primeira decena de abril, mes en que comeza a crianza, e a finais de setembro as que criaron comezan o seu retorno a África, onde invernan. A súa área de distribución abrangue Europa, Asia e África. En Galicia aparece preferentemente por zonas litorais.
-
lavandeira branca [port: alvéola-branca; cast: lavandera blanca; ingl: white wagtail] [Motacilla alba, Fam dos motacílidos]
Lavandeira de ata 17, 5 cm, píleo negro, longa fronte branca, ás negras, cos extremos e bordos das cobertoiras brancos, e cola negra cos bordos brancos. O macho ten a parte de atrás da cabeza negra separada do negro do peito e o dorso e a rabadilla pálidos. Anda movendo esaxeradamente a cola e tamén corre. Son sedentarias. No inverno a poboación galega increméntase con aves chegadas doutros países do N. A partir de outubro establecen zonas dormitorio colectivas, de ata un milleiro de exemplares, como a existente en Santiago de Compostela. Constrúen o niño situado debaixo dun teito sólido, entre arbustos, en buratos nas casas ou en nichos de camposantos. Cando levan dúas ou catro semanas no territorio de cría empezan a construílo. Fan ata tres postas, pero en Galicia é rara unha segunda rolada. A femia pon un ovo ao día ata chegar a cinco, que incubará durante 12 días. Aliméntanse sobre todo de insectos, caracois e arañas. É frecuente vela capturando os insectos que atrae o gando. Habita zonas de cultivos, granxas, terreos abertos e incluso cidades. Está presente en toda Europa e en toda a Península Ibérica, pero é máis frecuente na área atlántica. En Galicia aparece tamén na totalidade do territorio, desde o litoral ata os 1.200 m de altitude. A subespecie aniñante en Galicia é a M. a. alba, pero a M. a. yarrelii é invernante habitual desde novembro a febreiro.
-
lavandeira real [port: alvéola-cinzenta; cast: lavandera cascadeña; ingl: grey wagtail] [Motacilla cinerea, Fam dos motacílidos]
Lavandeira de ata 19 cm, dorso gris azulado pálido, rabadilla amarela verdosa e cola moi longa. Presenta lista superciliar estreita e branquecina, gorxa branca na maior parte e parte inferior amarela brillante. O macho reprodutor ten unha bigoteira por riba da gorxa, ambas as dúas negras. O voo é o máis rebotante do das lavandeiras, menea a cola case incesantemente e anda a paso lixeiro. É bastante solitaria excepto nos dormideiros e aniña en buratos naturais ou muros preto da auga. Pon de 4 a 6 ovos que soamente choca a femia durante 13-14 días e pode ter dúas niñadas ao ano. Aliméntase de insectos e invertebrados acuáticos. Habita regueiros e ríos pouco profundos, desaugues de granxas, etc. Distribúese por Europa, Asia e África, chegando en Europa ata o S de Noruega e Suecia. En Galicia distribúese por todo o territorio, malia ser máis escasa cá lavandeira branca.
-
s
f
-
s
f
[ETN/MIT]
Muller que habita nas fontes e que se presenta envolta nunha aura misteriosa. En Bretaña as lavandeiras nocturnas -mulleres condenadas polos seus pecados a lavaren todas as noites- están emparentadas coas bruxas. Cando están a lavar convidan a quen pasa a que lles torza a roupa; se o fan no mesmo sentido ca elas, a acción carrexaralles grandes males.