lavanda

lavanda

(< ital lavanda ?)

  1. s f [PLANTA]

    Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazada, e con flores en espiga de ata 3 cm de lonxitude rematadas en brácteas púrpuras de ata 5 cm. En Galicia están presentes dúas subespecies (L. stoechas stoechas e L. stoechas sampaiana) en medios secos e abertos. Ten propiedades medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas nos roupeiros, e na elaboración da auga de lavanda.

    Sinónimos: arzaia, cantroxo.
  2. s f

    auga de lavanda.

Palabras veciñas

Lavalleja | lavalouza | lavanco | lavanda | lavandeira | Lavandeira | Lavandeira