arzaia
arzaia
Nome científico:
[Lavandulastoechas, Fam das labiadas]
s
f
[PLANTA]
Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazado, e con flores en espigas de ata 3 cm de lonxitude rematadas nunhas brácteas púrpuras de ata 5 cm. Aparece en lugares secos da Galicia mediterránea. Ten virtudes medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas dos roupeiros, e para elaborar a auga de lavanda.