Arza, Francisco
Arza, Francisco
Impresor do século XIX. Fillo do tamén impresor Pascual Arza, ao que substituíu á fronte da súa imprenta en Santiago de Compostela no 1838, despois de publicar algúns xornais. A empresa pertenceu á familia Arza ata 1860, data na que lle foi arrendada a Cástor Míguez tras un primeiro arrendamento a Timoteo Pombo en 1854.