Ārya Samāj

Ārya Samāj

[Sociedade dos nobres] Secta hindú teísta, fundada en Bombai en 1875 por Dayānanda. Pretende ser unha purificación e renovación do Hinduísmo mediante unha volta á doutrina dos Vedas. Combate o politeísmo e a mitoloxía hinduísta, o culto das imaxes, os sacrificios, o sistema de castes e os matrimonios infantís. O libro de Dayānanda Sātyārtha Prakā (‘Manifesto da verdade’) recolle os seus principios rectores. Lahore e Ajmer son os centros máis importantes. Está moi estendida no Punxab.

Palabras veciñas

Arxona | Arxonar | Arxóns | Ārya Samāj | Āryabha a | Arza y Choza, Pascual | Arza, Francisco