Lawrence, Thomas
Lawrence, Thomas
Pintor inglés. Protexido por sir J. Reynolds, en 1792 sucedeuno como pintor de cámara. Retratista, introduciu a colocación baixa da liña do horizonte e deu máis importancia ao retratado ca os accesorios. Tivo unha etapa prerromántica, Lord Granville Leverson-Gower (1795-1798), e depois pasou ao retrato de busto, máis severo con Waterloo (1815) e Pío VII (1818). Recibiu o título de sir e presidiu a Royal Academy.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bristol -
Deceso
Lugar : Londres