Lawrence, Thomas Edward
Lawrence, Thomas Edward
Militar e axente político británico. Coñecido como Lawrence de Arabia, participou nunha expedición arqueolóxica á antiga cidade hitita de Karkemish. En 1914 ingresou no Intelligence Service e converteuse en conselleiro de Faysāl, fillo do emir da Meca e xefe da revolta contra os turcos (1916). Unificou os seus exércitos e dirixiu diversas accións militares contra as forzas turcas. Despois da guerra, participou na Conferencia de Paz de París (1919) e defendeu a independencia do pobo árabe articulado nunha gran federación, con pouco éxito. Dimitiu como asesor do goberno (1922) e serviu como voluntario na antiga RAF entre 1925 e 1935. Escribiu Seven Pillars of Wisdom (1926) e The Mint (1955).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tremadoc, Caernavron -
Deceso
Lugar : Moreton, Dorset