Laxe, Santa María da Atalaia de

Laxe, Santa María da Atalaia de

Igrexa parroquial situada en Laxe. Construíuse no s XIV en estilo gótico mariñeiro cunha nave e ábsida cadrada cuberta cunha bóveda de crucería. No interior conserva un retablo pétreo e o sepulcro dos Moscoso de Altamira (s XIII). A portada está formada por arquivoltas dóricas. A torre elévase á altura do arco triunfal e ten unha escaleira exterior de acceso.