lazareto

lazareto

(< ital lazzaretto)

  1. s m

    Local situado nos arrabaldos das cidades, nos aeroportos, ou noutros lugares, onde se reclúe á xente en corentena ou se realizan controis sanitarios para evitar epidemias.

    Ex: Retiveron os pasaxeiros do voo de Toronto no lazareto do aeroporto.

  2. s m

    Hospital en que se atenden leprosos.

    Ex: A illa de San Simón foi un lazareto durante moitos anos.

  3. s m

    Hospital en que se tratan enfermidades moi contaxiosas.