Lázaro Carreter, Fernando

Lázaro Carreter, Fernando

Filólogo e crítico literario. Foi catedrático de Lingua Castelá na Universidad Autónoma de Madrid. Publicou numerosos estudios lingüísticos e literarios, entre os que cómpre destacar Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII (1949), Lope de Vega. Introdución a su vida y a su obra (1966), Lazarillo de Tormes en la picaresca (1972), Estudios de poética (1976), Estudios de lingüística (1980) e Dicionario de términos filológicos (1963). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1972 e director (1991-1998). Foi o coordinador de La cultura del libro (1983 e 1988) e durante a década de 1990 publicou De poética y poéticas (1990) e El dardo en la palabra (1997, Premio don Juan de Borbón). En 2003 publicou El nuevo dardo en la palabra. Foi distinguido como Comandeur dans l´Ordre des Arts et de Lettres de Francia e recibiu, ademais, a Creu de Sant Jordi e o Premio Aragón de las Letras (1990). Tamén obtivo o Premio de Periodismo Manuel Aznar e Manuel de Cavia, o Premio Internacional Menéndez Pelayo e o Premio Nacional de Periodismo Miguel Delibes.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Zaragoza

  • Deceso

    Lugar : Madrid