Le Fort, Gertrud von
Le Fort, Gertrud von
Escritora alemana. De familia de hugonotes, converteuse ao catolicismo, feito que determinou toda a súa produción literaria, tanto a lírica, como no caso de Hymnen an die Kirche (Himnos á Igrexa, 1924) e Gedichte (Poemas, 1949); como a narrativa, na novela Das Schweisstuch der Veronika (O veo de Verónica, dúas partes, 1928 e 1946) e na narración Die letzte an Schafott (A derradeira no patíbulo, 1961). Tamén publicou os ensaios Die ewige Frau (A muller eterna, 1934) e Die Frau und die Technik (A muller e a técnica, 1959).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Minden, Westfalia -
Deceso
Lugar : Oberstdorf, Suabia