Lea
Lea
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do hebreo Le’ah (adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lía). Pola tradición popular significaba ‘cansa’ pero o máis probable é que signifique ‘vaca’, aludindo aos rabaños do pai da Lea bíblica, filla de Labán e esposa de Xacob. Presenta a variante Lía. A súa festividade celébrase o 22 de marzo ou o 1 de xuño.