Lea ou Lía
Filla máis vella de Labán, segundo a Xénese, quen acollera a Xacob cando este fuxira da casa paterna. Xacob pediulle ao seu protector por esposa a súa filla máis nova, Raquel, a cambio de servilo ao longo de sete anos. Chegada a noite, Labán meteulle na tenda a Lea e Xacob deitouse con ela sen decatarse do cambio. En canto abriu o día, protestou polo engano e Labán díxolle que non era costume dar a filla máis nova antes ca a máis vella pero que tamén lle daría a outra rapaza, se o servía outros sete anos. Deste xeito, os doce fillos de Xacob naceron da loita entre as dúas irmás pola preferencia do seu home e pola maternidade. Os dez primeiros fillos foron de Lea e só os dous derradeiros de Raquel. A tradición fixo aos fillos de Lea os antecesores dos pastores de gando bovino e aos de Raquel, do gando ovino.