Leakey, Mary
Leakey, Mary
Arqueóloga e paleoantropóloga británica. Realizou importantes estudios sobre evolución humana e en 1959 descubriu na gorxa de Olduvai (Tanzania) a mandíbula dun homínido de 1,75 millóns de anos de antigüidade chamado Zinjantropus por L. Leakey, o seu marido, incluído posteriormente na categoría dos Australopithecus. En 1978 descubriu as pegadas dun homínido que xa camiñaba ergueito hai 3,5 millóns de anos, o que fixo retroceder a data de inicio do bipedismo na especie humana. Escribiu Olduvai Gorge: My Search for Early Man (1979) e a súa autobiografía Disclosing the past (1984).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Nairobi