Lebrija

Lebrija

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado na comarca de Las Marismas (24.121 h [2001]). É un centro agrícola con cultivos de arroz, viña, trigo, oliveiras e algodón. Ten industrias derivadas da agricultura (fariña e aceite). O conxunto histórico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1985.