Leda

Leda
[MIT]

Heroína grega, filla de Testio, rei de Etolia. Pertencente á raza de Deucalión, uniuse unha mesma noite a Zeus, quen adoptara a forma dun cisne, e ao seu marido humano Tindáreo. A tradición, sobre todo desde Eurípides, admite que froito desas relacións concibiu un ovo, ou dous, do que naceron Pólux e Helena (fillos de Zeus) e Cástor e Clitemnestra (fillos de Tindáreo).