Led Zeppelin

Led Zeppelin
[MÚS]

Grupo de rock británico formado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page, o cantante Robert Plant, o baixista/teclista John Paul Jones e o batería John Bonham. Foi un dos grupos máis innovadores e influíntes na historia do rock. Da súa discografía destacan Led Zeppelin I (1969), Led Zeppelin II (1969), Led Zeppelin III (1970), Led Zeppelin IV (1971), In Through the Out Door (1979) e CODA (1982).

Palabras veciñas

lectura | Lecturas sobre Psicología de la Motivación | LED | Led Zeppelin | Leda | Leda | Ledaña