Ledo Andión, Margarita

Ledo Andión, Margarita

Xornalista e escritora. Foi profesora de Comunicación audiovisual na facultade de Ciencias de Información de Barcelona, decana da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Comunicación audiovisual e Publicidade da mesma universidade Exiliada en Portugal (1974-1976), exerceu como lectora de lingua galega na facultade de Letras de Porto. Foi redactora de El Ideal Gallego (1977-1980) e de El Noticiero Universal e dirixiu o semanal A Nosa Terra (1977-1980). Impulsou a creación das revistas Escrita, da AELG, Festa da palabra silenciada e A Trabe de Ouro. É autora dos libros de poesía Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto (1970) e O corvo érguese cedo (1973), das obras de narrativa Mamá-fe (1983), Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985), Porta blindada (1989), Línguas mortas, serial radiofónico (1989) e Historias como Barcelona (1991), e dos ensaios Prensa e galeguismo (1982), Foto-Xoc e xornalismo en crise (1988), O diario post-televisivo (1992) e Del cine-ojo a Dogma95 (2004). Paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2003). Ademais, dirixiu o documental histórico Santa Liberdade (2004), do que tamén foi guionista. Recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro do Concello de Vigo (1982).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Castro de Rei