1 lei
(
-
[DER]
-
lei adxectiva
Denominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal. Oponse á lei substantiva.
-
lei autonómica ou rexional
Lei aprobada por órganos administrativos desta natureza para rexer nunha parte do territorio estatal.
-
lei de bases
Lei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.
-
lei de contrato
Facultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular ao seu arbitrio o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.
-
lei de harmonización
Lei ditada polas Cortes Xerais para establecer as disposicións normativas das comunidades autónomas, cando o esixe o interese xeral.
-
lei fundamental
Lei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado. Nalgúns ordenamentos xurídicos estatais toma a denominación de constitución.
-
lei marco
Disposicións da Cortes Xerais que autorizan as comunidades autónomas para autolexislarse en materias de competencia estatal.
-
lei municipal
Lei que regula a organización, o funcionamento e as competencias dos municipios.
-
lei orgánica
Lei, inferior á Constitución e superior á ordinaria, que regula o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral, como tamén doutras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.
-
lei particular
Norma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas, ou que rexe unicamente en lugares determinados.
-
lei penal
Norma xurídica en que se establecen delitos e penas, estados de perigo e medidas de seguridade.
-
lei positiva
Lei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade. Enténdese en contraposición á lei natural.
-
lei retroactiva
Lei que regula situacións xurídicas anteriores á súa promulgación.
-
lei substantiva
Denominación que se adoita dar ás leis civís non procesuais.
-
s
f
Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os estatutos de autonomía atribúen o poder lexislativo. A lei constitúe a fonte máis importante do dereito da maior parte das sociedades, e ten por función regular a vida política, social e económica da comunidade. A facultade de lexislar foi atribuída a unha soa persoa ou a todo o pobo a través dos representantes democraticamente designados. Nos sistemas parlamentarios establécese un sistema xerárquico de normas baseado nunha lei fundamental onde se definen os dereitos e os deberes dos cidadáns. De acordo con esta, articúlase a produción lexislativa comezando polas leis ordinarias, que emanan de órganos parlamentarios, e seguindo polas ditadas polo goberno, decretos e regulamentos, para a súa execución. As infraccións ao principio da xerarquía normativa van seguidas por un proceso especial, contencioso administrativo. Nos países anglosaxóns baseados no dereito común consuetudinario (common law), a lei ocupou desde sempre un lugar secundario, pero ultimamente produciuse algunha modificación a este respecto. Como fonte e manifestación externa do dereito, moitas das específicas cualificacións particulares de diferentes tipos de dereito teñen a súa correspondencia en canto a tipos de leis. Así, fálase de leis administrativas, civís, laborais, penais ou procesuais, entre outras.
-
s
f
Precepto xurídico ditado polo poder supremo dunha comunidade mediante o que manda ou prohibe unha conduta.
-
s
f
Disposición no estado liberal, de caracter xeral, escrita e obrigatoria, aprobada polo órgano parlamentario.
-
lei adxectiva
-
-
s
f
Norma ou conxunto de normas que regulan a conduta dos homes e que se establecen a partir dunha forza ou autoridade, non necesariamente positiva ou concretada historicamente, e, polo tanto válida para todo o mundo na medida en que acepta ou fai aceptar esta forza ou autoridade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen fai a lei fai a trampa”
-
lei caldaria /
[HIST/DER]
Lei que na Idade Media establecía como práctica probatoria a efectos xudiciais a introdución, por parte do acusado ou testemuñas sospeitosas dun roubo, da man ou do brazo nunha caldeira de auga fervendo para coller unha pedra. No caso de saír indemne quedaba probada a súa inocencia. OBS: Tamén se coñece como ordalía da auga quente.
-
lei das Doce Táboas
[HIST]
lei das Doce Táboas.
-
lei do talión
[HIST]
lei do talión.
-
lei moral
[FILOS/RELIX]
Lei que emana da conciencia e obriga a facer o ben e a evitar o mal.
-
lei natural /
[DER/FILOS/RELIX]
Lei que invoca un orde racional, de valor para todo o mundo segundo o que deben configurarse tanto o comportamento do individuo como as relacións sociais dentro da comunidade humana. A lei natural foi practicamente identificada coa lei divina, como fixo, por exemplo, o catolicismo tradicional, fronte ao protestantismo, máis radical, ou coa lei moral, como o fixeron diversos pensadores para diferenciala das que se denominan leis de natura. Aínda que a miúdo a defensa da lei natural equivaleu ao mantemento dunha orde social determinada ou dunha regulamentación moral derivada de intereses de valor non universal, hai tamén unha certa tendencia a buscar unha rehabilitación do dereito natural, que pode ser expresión dunha defensa da dignidade humana e dos dereitos de toda persoa.
-
s
f
-
[RELIX]
-
s
f
Conxunto de preceptos dunha doutrina relixiosa.
-
lei antiga/de Moisés
Conxunto de preceptos e ritos cerimoniais dados por Deus ao pobo de Israel a través de Moisés, para o goberno e o culto.
-
lei divina/de Deus
Conxunto de disposicións establecidas pola vontade divina.
-
lei nova/de gracia/evanxélica
Conxunto de leis establecidas por Xesús Cristo no Novo Testamento.
-
Libro da Lei
Nome dado ao Pentateuco como expresión típica da economía de salvación do Antigo Testamento, atribuída a Moisés. OBS: Tamén se coñece como A Lei.
-
s
f
-
s
f
-
Principio ou regra universal á que están suxeitos os fenómenos da natureza.
-
[FÍS]
Enunciado do comportamento dun fenómeno natural, obtido por indución, despois de ter analizado un número finito de experiencias análogas e expresado mediante unha relación matemática.
-
-
s
f
Regra, norma ou costume establecidos.
-
s
f
Lealdade ou fidelidade a unha persoa ou cousa.
-
[LING]
-
s
f
Formulación dun feito que ten lugar regularmente na produción dun fenómeno lingüístico calquera (fonético, morfolóxico ou sintáctico).
-
lei fonética
Cada unha das leis establecida a partir da repetición dun fenómeno que experimenta unha articulación nunha zona ou nun tempo determinados. A partir das bases establecidas por Leskien e Schleicher, o grupo dos neogramáticos formulou a teoría da obrigatoriedade e a universalidade das leis fonéticas. Esta teoría foi combatida sobre todo polos dialectólogos e os estudiosos da xeografía lingüística e a fonética experiemental.
-
s
f
-
[MAT]
-
s
f
Regra, fórmula ou relación que se cumpre cos valores dunha variable ou os termos dunha serie.
-
lei de probabilidade
Lei que dá o valor da probabilidade dun determinado acontecemento, expresada xeralmente mediante a función de distribución.
-
s
f
-
s
f
-
Calidade, peso ou medida que debe ter un xénero segundo a lei.
-
[NUMIS]
Proporción de metal precioso puro, ouro ou prata, establecido legalmente que contén unha moeda, unha xoia ou unha peza. Desde a Idade Media a calidade dos metais preciosos medíase en quilates, no caso do ouro puro tiña 24 quilates, mentres que a prata se medía en denarios e a prata pura equivalía a 12 denarios. No caso das moedas, a súa lei estaba fixada no ordenamento da fabricación e malia que, teóricamante eran de gran pureza, 24 quilates ou 12 denarios, a incapacidade para liberalas de todas as impurezas e o empobrecemento das aliaxes nas cuñaxes levou a que se falase de moedas de boa lei ou de mala lei. Posteriormente a lei dos metais preciosos pasou a exprésase en milésimas.
-
-
lei da vantaxe
[DEP]
Beneficio que outorga o árbitro a un equipo, xeralmente de fútbol, non sinalando unha falta cometida contra el, se mantén o control da pelota.
-
lei do candado
[HIST]
Lei aprobada en 1910 a proposta de Xosé Canalejas, en virtude da que quedaba prohibida en España a instauración de asociacións relixiosas ata que fose promulgada unha nova lei de asociacións.
-
lei do funil/do embude
aloración arbitraria de feitos, comportamentos ou actitudes segundo quen sexa o actor.
-
lei económica
[ECON]
Explicación das relacións que determinan un fenómeno económico, establecida como verdadeira e susceptible de ser contrastada pola realidade. A consideración da economía como ciencia vai ligada á formulación dunhas leis positivas que permiten explicar os feitos económicos e tamén prevelos, establecendo unhas regularidades nas causas e nos efectos, ou ben nos elementos que compoñen un fenómeno determinado. A pesar das súas pretensións de ciencia empírica, na economía foi frecuente a presentación como leis de simples suposicións baseadas en observacións da realidade insuficientes ou incompletas ou ben de verdades obvias sen valor explicativo. Nos problemas que propón a formulación de leis económicas, engádense os relacionados coa súa validación, pois a validación dunha lei queda limitada a condicións teóricas restritivas e supostos auxiliares (cláusula caeteris paribus). Inicialmente, para os economistas fisiócratas, e tamén para os clásicos, as leis económicas que chamaban leis naturais foron consideradas expresión da existencia dunha orde natural. Os neoclásicos considéranas dentro do contexto dunha racionalidade abstracta e inmutable. A escola histórica refutou a validez xeral das leis económicas e decantouse pola formulación dunhas leis de desenvolvemento válidas para un momento histórico determinado. A economía marxista, por outra banda, considera as leis económicas como expresión das relacións que caracterizan o funcionamento dos diferentes modos de produción ou que determinan a súa transformación.
-
lei marcial
[DER/BÉL]
Disposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares, e que implica a asunción das facultades propias das autoridades civís polas militares, en particular para o mantemento da orde pública.
-
lei sálica
[HIST]
lei sálica.
-
lei seca
[DER/HIST]
Lei ditada en 1919 en EEUU que prohibía a circulación e o consumo de bebidas alcohólicas no territorio da Unión. Foi derrogada en 1933 pero nalgúns estados mantense aínda que parcialmente modificada.
-
lei suntuaria
[DER/ECON]
Lei que tenta reprimir o luxo excesivo ou que establece impostos sobre obxectos considerados de luxo.
Refráns
- A lei nace do pecado e a lei quere castigalo.
- Feita a lei, feita a trampa.
- Quen fixo a lei, fixo a trampa.