Leicester
Leicester
Capital do condado de Leicestershire, Inglaterra, situada ao S de Nottin-gham (289.700 h [estim 2000]). Atópase na rexión de Midlands, á beira do río Soar e do canal Grand Union. É un núcleo industrial téxtil e metalúrxico. Antiga cidade romana, acadou importancia baixo a Heptarquía anglosaxona. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral de Saint Nicholas, de estilo románico e gótico primitivo, e os restos da abadía e do castelo que construíu Simón de Monfort.