Leiden

Leiden

Cidade da provincia de Holanda Meridional, Países Baixos (117.191 h [2000]). Situada a pouca distancia do mar, é famosa pola súa universidade, fundada en 1575, cunha gran biblioteca e é, desde tempos antigos, un destacado centro cultural. Desde o s XIII tivo unha tradicional industria téxtil, na actualidade moi reducida. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas góticas de San Pedro e de San Pancracio (s XIV) e o museo no antigo mercado de panos (1639).