Leie
Leie
ou Lys Río de Francia e Bélxica, afluente do Escalda (217 km). Nace ao N de Francia, nas montañas de Artois, e antes de entrar en Bélxica fai de fronteira entre os dous países. Rega a chaira de Flandres, onde é navegable, e aprovéitase con fins industriais.