Leinster
Leinster
Nome científico: [irlandés: Laighin]
Rexión de Irlanda, situada no SL da illa (19.632 km2; 1.924.702 h [1996]). A capital é Dublín. Comprende parte da chaira central de Éire, atravesada polo río An tSionna, e enmárcana ao L as montañas de Chill Mhannantain, ao O os montes de Sliabh Bladhma e Dysart, e ao SO as cadeas de Booley e Monavullagh. Aos arredores de Dublín esténdense algunhas das principais áreas industriais do país, pero a rexión é fundamentalmente agrícola e gandeira.