Leis, pazo de

Leis, pazo de

Construción situada en Soesto (Laxe). No seu solar estivo a casa onde residiron o Rei Afonso IX e a Raíña Berenguela. Construído ao redor de 1570, ten planta rectangular, con baixo e piso, e cun pequeno corpo en forma de torre de tres plantas. As fachadas son sinxelas e nunha delas só destaca o escudo coas armas dos Leis. Está rodeado dun xardín, onde se atopa o pombal, pechado por un muro.