Leishmania
Xénero de protozoos zooflaxelados, da familia dos tripanosómidos, que empregan os insectos da familia dos flebotómidos (Phlebotomus e Lutzomyia), como vector da enfermidade e como hospedeiro a un animal vertebrado. Carecen de flaxelos e presentan unha forma arredondada. Presentan diferentes morfoloxías segundo a etapa do ciclo biolóxico no que se atopen. Este xénero está integrado por varias especies similares pero que se diferencian no comportamento, distribución, animal que empregan como reservorio e tipo de enfermidade que provocan. Clasifícase en complexos, como por exemplo, o complexo de L. donovani, responsable do kala-azar, o complexo de L. tropica, o de L. mexicana, que provoca o botón de Oriente e o complexo de L. braziliensis, causante da leishmaniose mucovisceral.