Lemaître, Georges-Henri
Lemaître, Georges-Henri
Astrofísico e matemático belga. Traballou na relatividade xeral de Einstein e nas aplicacións en cosmoloxía, tamén investigou a recesión das galaxias e fixo unha interpretación sobre a orixe do universo, que propón que este se orixinou nun punto e se expande indefinidamente; esta hipótese veríase modificada por G. Gamow no coñecido modelo do Big Bang. As súas obras máis coñecidas son Discussion sur l’évolution de l’univers (1933) e L’hypothèse de l’atome primitif (1946).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Charleroi -
Deceso
Lugar : Lovaina