Lemaur, Carlos

Lemaur, Carlos

Enxeñeiro francés. Chegou a España en 1750 chamado polo Marqués de La Ensenada para proxectar e dirixir as obras da canle de Castela. En 1754 tralas disputas co matemático Antonio de Ulloa, enviárono a Galicia, onde dirixiu a instalación dunhas baterías defensivas en Corcubión. Posteriormente dirixiu as obras do Camiño Real de Astorga á Coruña, recoñeceu as obras da cidade da Coruña e colaborou na Real Academia de Agricultura de Galicia. En 1764 planificou e supervisou as reformas da capela maior e da fachada da catedral de Lugo. En Santiago de Compostela realizou o edificio para seminario, cárceres e casas consistoriais (1767), hoxe pazo de Raxoi. A comezos da década de 1770 trasladouse a Nafarroa. Posteriormente dirixiu a construción do camiño de Andalucía e proxectou unha canle que uniría El Escorial con Sanlúcar de Barrameda.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Montmirel, Brie

  • Deceso

    Lugar : Madrid