Lennon, John Winston
Lennon, John Winston
Músico, compositor e cantante inglés. Formou xunto con Paul McCartney o grupo de The Quarrymen, que en 1956 se converteu en The Beatles ao entrar en contacto con George Harrison e Ringo Starr. Con The Beatles editou varios discos e fixo varias películas, como Yelow Submarine (1969). Despois da separación do grupo comezou a súa carreira en solitario na que destaca a gravación de Imagine (1971), Double Fantasy (1980), a colaboración con David Bowie en “Fame” e o musical Oh Calcutta. A súa personalidade converteuse nun dos símbolos principais da contracultura do s XX.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Liverpool -
Deceso
Lugar : Nova York