2 lento -ta
2 lento -ta
(< lat lentu)
-
adx
Que non vai, que non actúa ou que non se realiza co ritmo que debería.
Ex: Non dámos chegado do lento que vai o tren!
-
adx
Que se desenvolve, reacciona ou ten movementos pacientes ou calmosos.
Ex: É moi lento facendo os deberes da escola.
-
adx
Que lle custa entender as cousas.
Ex: Vasllo ter que explicar de novo, porque é un pouco lento.
-
adx
Que ten ou mantén certo grao de humidade.
Ex: Non collas a roupa que aínda está un pouco lenta.