2 lento -ta

2 lento -ta

(< lat lentu)

  1. adx

    Que non vai, que non actúa ou que non se realiza co ritmo que debería.

    Ex: Non dámos chegado do lento que vai o tren!

  2. adx

    Que se desenvolve, reacciona ou ten movementos pacientes ou calmosos.

    Ex: É moi lento facendo os deberes da escola.

  3. adx

    Que lle custa entender as cousas.

    Ex: Vasllo ter que explicar de novo, porque é un pouco lento.

  4. adx

    Que ten ou mantén certo grao de humidade.

    Ex: Non collas a roupa que aínda está un pouco lenta.

Palabras veciñas

lentitude | lentixa | lentixento -ta | 2 lento -ta | 1 lento* | Lentulo | lentura