León, montes de
León, montes de
Sistema montañoso situado no NO da Península Ibérica e que se estende polas comarcas castelás de La Maragatería, O Bierzo, La Cabrera e Sanabria. Constitúe o bordo oriental do Macizo Galaico e a divisoria de augas dos sistemas fluviais do Sil e do Duero. Destacan as serras de Cabrera, Culebra, Segundeira e Eixe, estas dúas últimas situadas no límite con Galicia. O cumio máis elevado é o Teleno, que acada os 1.188 m de altitude. Están constituídos por calcarias, pizarras e cuarcitas que se dispoñen amodo de auréola na parte exterior do Macizo Galaico.