Leonor Teles de Meneses

Leonor Teles de Meneses

Raíña de Portugal, filla de Martín Afonso Telo de Meneses e de Aldonça de Vasconcelos. Casada con João Lourenço da Cunha, señor de Pombeiro, conseguiu casar en secreto co Rei Fernando I despois de que este lle anulase o matrimonio. Mandou matar a todo aquel que fora un impedimento para as súas intrigas entre os que se atopaban os dous fillos de Inés de Castro, medio irmáns do seu home. Favoreceu con cargos os seus familiares e o seu amante. Cando morreu o seu home, fixo proclamar raíña de Portugal a súa filla Beatriz, casada con Xoán I de Castela, feito que provocou o alzamento do pobo que elixiu a Xoán, fillo natural de Pedro I, que trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) se converteu en Xoán I de Portugal. A raíña marchou a Castela, onde intrigou contra o seu xenro Xoán I, quen a encerrou no mosteiro de Tordesillas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Trás

  • Deceso

    Lugar : Tordesillas