Lépida

Lépida

Familia de patricios romanos que ocuparon importantes maxistraturas. Entre os seus membros destacan catro cónsules homónimos, Marco Emilio Lépido . O primeiro foi cónsul en 232 a C; o segundo, despois de exercer como cónsul en 187 a C e 175 a C, conquistou Liguria e foi embaixador en Exipto; o terceiro foi cónsul en Roma (78 a C) e despois de ser derrotado por Pompeio marchou a Hispania; o cuarto, foi primeiro pretor e procónsul en Hispania e accedeu ao consulado en 46 a C.