Lepidopus

Lepidopus
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes teleósteos, da familia dos triquiúridos, que presenta o corpo moi alongado en forma de cinta e boca puntiaguda. En Galicia está presente a especie L. caudatus, de cor prateada, coa mandíbula inferior máis grande ca a superior e unha única aleta dorsal que vai desde o final da cabeza ata o inicio da cola, a que é bifurcada.