Lepidosiren
Lepidosiren
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes pulmonados, da familia dos lepidosirénidos, que presenta unha vexiga natatoria que funciona como se fose un pulmón, permitíndolles respirar cando as augas se retiran e están afundidas baixo o lodo. Cando regresan á auga respiran polas branquias. Viven en lamazais, en zonas pantanosas do Amazonas e ríos de Brasil.